Exposición dos resultados dos proxectos de investigación escolar seleccionados a partir das propostas realizadas por un “Comité Científico Universitario” ou de temática libre, levados a cabo co apoio dos seus mestres “CIENCIA NO COLE” e familiares “CIENCIA EN FAMILIA”.
Programa 2016
Venres 3 de xuño “Ciencia no Cole”
Categoría de participación dos colexios de educación infantil e primaria do Concello de Pontevedra. Alumnos de 5º-6º de primaria.
Sábado 4 de xuño “Ciencia en Familia”
Categoría de participación dos alumnos xunto cos seus familiares dos colexios de educación infantil e primaria (CEIP) do Concello de Pontevedra. Alumnos de primaria.